lunes, 20 de abril de 2015

Berlín

Berlín, a capital de Alemaña, é unha das cidades de Europa con maior número de atractivos. A súa historia, ligada á II Guerra Mundial e á Guerra Fría, marcoun a esta cidade para sempre. O Berlín que podemos ver hoxe paréceme do máis interesante: moi á moda... e decidida a non ocultar o pasado. Algúns dos lugares de interés aos que podes ir é:
Berlin visto desde as alturas



Parlamento de Berlín

A cúpula do Reichstag é unha cúpula de vidro construída no alto deste mesmo edificio en Berlín (Alemaña). Foi deseñada polo arquitecto Norman Foster e intenta simbolizar a Reunificación alemá. A particular aparencia da cúpula fan que sexa un punto de referencia en Berlín.


Columna da Victoria
A Columna da Victoria é un dos símbolos distintivos de Berlín máis famosos. Actualmente está protexida como monumento nacional. O motivo da súa edificación foi a vitoria de Prusia na guerra xermano-danesa de 1864. En poucos anos engadironse outras dúas vitorias, a da Guerra alemá de 1866 contra Austria, e a Guerra contra Francia de 1870/1871. Para conmemorar esas tres vitorias creáronse os tres segmentos orixinais, e a columna coroouse cunha escultura de bronce.

Porta de Brandenburgo


Antiga porta de entrada a Berlín e un dos principais símbolos tanto da cidade coma de Alemaña. Non se trata dun arco de triunfo, senón que era o acceso, ao «Novo Berlín» da época. Está situada no centro actual da cidade, na Praza de París. Nas proximidades tamén se encontran o Reichstag e a Postdamer Platz. Importantes sucesos na historia de Berlín están ligados á Porta de Branderburgo.

                                          




Muro de Berlín

A construción do Muro de Berlín e, especialmente a súa caída, formaron parte dos momentos máis importantes da historia do século XX. Este muro dividiu Berlín en dúas partes durante 28 anos, separando familias e amigos.






Campo de concentración de Sachsenhausen
Campo de concentracion, construído polos nazis en 1936 para liquidar a opositores políticos, homosexuales, xitanos e xudíos durante a 2ª guerra mundial.


                                     





Localización






(Imaxes cedidas por Carlota Lago García)

No hay comentarios:

Publicar un comentario