A computadora ou ordenador non é un invento de alguén en particular, senón o resultado evolutivo de ideas e realizacións de moitas persoas relacionadas con áreas tales como a electrónica, a mecánica, os materiais semicondutores, a lóxica, a álxebra e programación.
Todo comezou na idade media, cando o persa Musa-al Juarismi inventou o algoritmo. Máis tarde, no s.XVII inventaronse os logaritmos e apareceron as primeiras calculadoras mecánicas.
A evolución da computación foi progresando coa invención da máquina de tecer e máis tarde aparecería a primeira computadora, que foi unha máquina analítica, creada no s.XIX polo matemático Charles Babbage, máis tarde, na decada do 1950 créanse varias computadoras, as que estaban construídas por medio de tubos de vacío e programadas en lenguaxe de máquina.
Na década do 1960, as computadoras seguían evolucionando, reducindo o seu tamaño e costo, e aumentando a capacidade de procesamento, ademáis tamen estaban construídas con circuitos de transitores, no 1964 aparece a IBM (International Business Machine) e con ela, un gran avance tecnolóxico. No 1976 Steve Wozniak e Steve Jobs crean a primeira microcomputadora e máis tarde forman a empresa Apple. No 1981 vendense 800000 computadoras personais, e entre 1984 e 1987, as ventas de estas computadoras dispáranse ata os 60 millóns.
A finais do s. XX, a historia da computación dispoñía de grandes avances, desenvoltos a gran parte deles no propio século XX, dende a invención dos tubos de vacío ata a creación do buscador web "Google Inc", pasando pola cosntrución da ENIAC (1ª computadora electrónica de propósito xeral), invención do transitor, fundación da corporación Intel, creación de virus e antivirus, a Magnavox Odyssey (1ª videoconsola), sistema Ethernet, fundación de Microsoft e Apple, creación de Internet, etc.
No s.XXI tamen houbo moitos avances na computación, pese a que levamos so 15 anos de século fixeronse numerosos progresos, algúns dos máis chamativos ou importantes saen a continuación:
No hay comentarios:
Publicar un comentario